Xerente

Manuel Fernández Jauregui

Xerente

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 

xerencia@uvigo.es
986813560 

Nomeado Xerente da Universidade de Vigo por Resolución Reitoral de 28 de outubro de 2010 (DOG nº 212 do 4 de novembro de 2010), posto que xa viña desempeñando, en funcións, dende o 31 de maio de 2010.

Previamente, a súa traxectoria profesional desenvolveuse maioritariamente no ámbito sanitario público da área de Vigo, sempre en Atención Especializada, onde desempeñou postos de traballo nas áreas económica, loxística e de servizos xerais dende o ano 1990. Dende xuño de 2004 e ata xuño de 2009 desempeñou o posto de Subdirector de Xestión e Servizos Xerais do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

A partires do 1 de xullo de 2009 comeza a súa vinculación coa Universidade de Vigo, desempeñando inicialmente o posto de Vicexerente de Xestión Económica e Servizos Xerais.

É Persoal Estatutario do SERGAS e dende o ano 2000 Grupo Técnico da Función Administrativa.

Licenciado en Xeografía e Historia, especialidade Historia Moderna, pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 1989.

Órganos colexiados aos que pertence:

Consello Social
Claustro
Consello de Goberno
Comité de seguridade e saúde laboral
Comisión de Acción Social
Comisión de Formación

Funcións:

Consonte as establecidas na LOU correspóndelle a xestión dos servizos administrativos e económicos da Universidade, e consonte aos Estatutos da Universidade Vigo ten as seguintes funcións:

o Xestión da facenda e patrimonio
o Xestión dos gastos e ingresos
o A dirección do persoal de administración e servizos
o A elaboración da proposta de anteproxecto dos orzamentos e plans económicos
o O ditado de instrucións e ordes de servizo tendentes á eficacia da xestión administrativa e a coordinación das diversas unidades da administración.
o A elaboración do cadro de persoal PAS
o Calquera outra función que lle sexa asignada polos órganos de goberno da Universidade, a normativa vixente e os presentes estatutos. Neste senso dítase a resolución de 29 de xuño de 2017 de delegación de competencias (DOG nº 130 de 10 de xullo de 2017), en virtude da mesma asume a maiores as seguintes competencias:

a) En colaboración co vicerreitor de Economía e Planificación, elaborar a liquidación do orzamento, a memoria económica e as contas anuais.
b) Autorizar, dispor e contraer obrigas sobre os créditos de gasto da universidade, con excepción do establecido nos apartados 12, 13 e 14 desta resolución.
c) Ordenar os pagamentos.
d) Actuar como órgano de contratación da universidade nos termos establecidos na normativa de contratación do sector público e na lexislación patrimonial, agás o establecido nos apartados 12, 13 e 14 desta resolución.
e) Dirixir e acordar os actos de trámite e xestión ordinaria da actividade económico-orzamentaria que non figuren atribuídos a outros órganos universitarios.
f) Dirixir a negociación colectiva do persoal de administración e servizos (PAS), asinar pactos e acordos e ditar resolucións e ordes de execución.
g) Dirixir a xestión dos procedementos de xubilación do persoal, agás as certificacións que correspondan, e dos procedementos relativos á Seguridade Social e Muface.
h) Elaborar informes sobre a autorización de compatibilidade e elevar propostas ao reitor.
i) Autorizar e asinar os contratos, os nomeamentos e os cesamentos do PAS laboral contratado con carácter temporal e do PAS funcionario interino.
j) Ditar instrucións e resolver os procedementos administrativos relativos ao PAS. Exceptúase do anterior, a convocatoria e resolución dos procedementos de selección do PAS fixo, a súa toma de posesión e cesamento, a iniciación e resolución de procedementos disciplinarios e a imposición de sancións disciplinarias.
k) Dirixir e acordar os actos de xestión ordinaria do persoal que non figuren atribuídos a outros órganos universitarios.
l) Manter as infraestruturas e xestionar as reformas, as melloras e a ampliación das infraestruturas.
m) Supervisar as tecnoloxías da información e a comunicación e os seus servizos e, en especial, o impulso da administración electrónica.
n) Supervisar a prevención de riscos laborais e a calidade ambiental.

En relación coas súas competencias poderá realizar encomendas de xestión ou delegación de sinatura. Delégase no xerente a facultade de realizar encomendas de xestión en relación coas súas competencias. Tamén poderá realizar as delegacións de sinatura que procedan.

En caso de ausencia, enfermidade ou outra causa legal que imposibilite o xerente, será substituído automaticamente pola persoa que ocupe a Vicexerencia que designe ou, no seu defecto, polo vicexerente que acredite maior antigüidade como tal ou como membro da Universidade de Vigo.
 

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal