Plan operativo de Xestión

O Plan Operativo de Xestión é un Plan Estratéxico funcional para desenvolver e facer operativa a estratexia da Universidade de Vigo no ámbito da súa xestión.
 

Desenvolve as liñas estratéxicas correspondentes á meta 6 do Plan Estratéxico da Universidade de Vigo: “unha universidade comprometida coa igualdade, unha cultura organizativa vertebrada e con sistemas de xestión flexibles e eficaces”. Debe, polo tanto, incluír actuacións de modernización da xestión; de acreditación da calidade na prestación de servizos; de desconcentración de funcións e de descentralización de prestación de servizos e da xestión; de excelencia nos procesos clave e diferenciadores de xestión académica e de investigación; e de reforma e de ampliación das TIC na xestión universitaria, ademais da formulación dunha política integral de recursos humanos.
 

Os eixos estratéxicos son unha partición do Plan Operativo de Xestión nas principais áreas de actuación, para facilitar unha mellor e máis clara ordenación do seu contido. O Plan Operativo de Xestión da Universidade de Vigo considera seis eixos, respondendo aos procesos críticos, recursos clave e temas estratéxicos que a organización considera salientables de cara aos anos vindeiros.


Os eixos de XESTIÓN ACADÉMICA e de XESTIÓN DE INVESTIGACIÓN tratan de reunir o conxunto de obxectivos e accións dos dous macroprocesos clave da xestión universitaria: a Docencia e a Investigación.


Os eixos de MODERNIZACIÓN E CALIDADE e de DESCENTRALIZACIÓN recollen temas estratéxicos de interese transversal para todo o ámbito de xestión. O de MODERNIZACIÓN E CALIDADE vai enfocado ao desenvolvemento do capital organizativo do ámbito de xestión. O eixo de DESCENTRALIZACIÓN está destinado a recoller os obxectivos e iniciativas que teñan en conta o feito de que a Universidade de Vigo desenvolve a súa actividade en tres campus en distintas cidades.
 

O eixo de PERSOAS desenvolve as actuacións prioritarias para a estratexia de xestión integral dos recursos humanos.  

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal