Xestión de Persoal

Visión e obxectivos

A visión do eixe persoas no plan operativo de xestión é: os servizos de xestión dispoñen dun cadro de persoal axeitadamente planificado e integrado por profesionais altamente cualificados, comprometidos cos fins da Universidade de Vigo e con posibilidades de desenvolvemento persoal e profesional.

Organización

O Xerente é o responsable do cumprimento dos obxectivos establecidos no Plan operativo de xestión relativos ás persoas. A Área de Persoal comprende a xestión do persoal de administración e servizos e do persoal docente e investigador. Ademais, realiza as funcións de selección do persoal, provisión de postos de traballo, formación do PAS, situacións administrativas e demais procesos vinculados á relación laboral do traballador/a coa Universidade, incluído o proceso de pagamento de nóminas e seguros sociais, así como acción social.

Información de interese

Secretaría Virtual 

Guía de acollida PAS 2016

Informe avaliación de clima laboral PAS 2010

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal